Convenio co Concello de Lugo para simplificar trámites
Lunes 15 de julio de 2013

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Eduardo Núñez-Torrón Freijo, asinaron o pasado venres 12 de xullo un convenio para facilitar aos cidadáns os trámites do recibo do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, que, en supostos de novas adquisicións, se debe satisfacer con carácter previo á matriculación do vehículo.
Desta maneira, cando os cidadáns acudan a realizar algunha xestión para a tramitación do imposto de vehículos unha aplicación informática permitirá que sexan os Xestores Administrativos de Galicia os que realicen o trámite dende as súas oficinas.
López Orozco sinalou que se trata dunha vella aspiración do Concello e que “estamos seguindo os pasos para unha total modernización da administración local que facilite os trámites aos cidadáns”.
Pola súa parte, Núñez-Torrón, manifestou o agradecemento do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia ao Concello xa que “contou con nós para que as entidades sigamos avanzando no uso das novas tecnoloxías e facilitando os trámites aos cidadáns”.