Taller de sensibilización: Atención a persoas con discapacidade
Lunes 11 de noviembre de 2013

No marco do convenio que ten asinado coa ONCE e en colaboración coa Deputación da Coruña, o Colexio de Xestores Administrativos de Galicia vai desenvolver na Coruña este xoves 14 de novembro de 16 a 19 horas un Taller de Sensibilización sobre a Discapacidade, aberto ao público en xeral.
O obxectivo desta xornada será dotar aos participantes dos coñecementos e ferramentas básicas para unha correcta atención aos clientes con discapacidade, persoas maiores ou persoas con mobilidade reducida en situacións normais de prestación de servizos.
Os xestores administrativos están moi sensibilizados coa discapacidade, mostra do cal é o acordó suscrito coa ONCE a través do cal comprométense a desenvolver programas de formación a medida para formar e capacitar aos seus empregados, facer accesibles os despachos e integrar nas empresas a persoas con discapacidade.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no correo electrónico gesga@gestores.net ou chamando ao tel.: 981 22 74 58.