Colegio Oficial de Gestores Administrativos de Galicia

Busca tu gestor administrativo
Intranet

Inicio | Actualidad | Noticias | A Xunta e o Colexio analizan posibles vías de...

Compartir:

A Xunta e o Colexio analizan posibles vías de colaboración

Despois da reunión mantida entre Pilar Otero e o Vicepresidente da Xunta

Miércoles 4 de marzo de 2015

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar, mantiveron hoxe unha xuntanza onde abordaron posibles vías de colaboración entre ambas entidades. No encontro tamén estivo a directora de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto.A xuntanza de hoxe ten coma obxectivo tender pontes entre ambas institucións e identificar proxectos de interese para ambas partes co obxectivo principal de acadar unha administración mais áxil, eficiente e próxima nas súas relacións coa cidadanía. Neste senso, a Presidenta dos xestores administrativos ofreceuse para poñer a disposición da Administración todo o coñecemento e experiencia acumulada por estes profesionais, pioneiros no uso das novas tecnoloxías (cabe destacar os procedementos de matriculación e transferencia online de vehículos que levan a cabo os xestores administrativos en colaboración coa DGT).

Reunión coa Consellería de Traballo

A Presidenta do Colexio está mantendo reunións periódicas cos distintos órganos da administración para establecer relacións de colaboración co Colexio. A semana pasada celebrouse un encontro coa Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, no que se achegaron posturas sobre o mercado laboral. Este mes tamén está prevista unha xuntanza co Delegado do Goberno en Galicia.