Colegio Oficial de Gestores Administrativos de Galicia

Busca tu gestor administrativo
Intranet

Inicio | Actualidad | Noticias | Activamos medidas de apoio aos horfos por violencia machista

Compartir:

A través dun convenio firmado coa Xunta de Galicia para poñer en marcha un plan de asistencia integral

Activamos medidas de apoio aos horfos por violencia machista

Jueves 3 de enero de 2019

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou o martes 2 de xaneiro un convenio cos representantes dos colexios de Xestores Administrativos, Graduados Educadores sociais e auditores sociolaborais, para a asistencia integral dos orfos vítimas da violencia de xénero, ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Mediante a sinatura deste convenio intensifícase a asistencia e protección de menores, que contarán con acompañamento e asesoramento na xestión dos trámites administrativos que precisen as fillas e fillos orfos e menores de 30 anos das vítimas mortais da violencia de xénero en Galicia, así como ás persoas que asumen a súa patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente, no caso de menores de 18 anos. Contarán tamén co o apoio socio-educativo, sempre que sexa preciso.
Así, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia e os Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia colaborarán apoiando a estes menores e as persoas que asumen a súa custodia, no acompañamento e asesoramento na xestión dos trámites administrativos. O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia colaborará no apoio socio-educativo para as fillas e fillos menores. E a Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral, actuará como nexo de coordinación en todo o procedemento.A Xunta asumirá todos os custos derivados das accións, levadas a cabo sempre co consentimento expreso por parte dalgunha da persoas que asuman a patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente no caso de orfos/as menores de idade, ou dos propios fillos orfos no caso de maiores de idade e menores de 30 anos.