Colegio Oficial de Gestores Administrativos de Galicia

Busca tu gestor administrativo
Intranet

Inicio | Actualidad | Noticias | O Colexio de Xestores Administrativos asistiu á...

Compartir:

O Colexio de Xestores Administrativos asistiu á presentación da Guía de Peritos Xudiciais

Miércoles 2 de marzo de 2011

O Colexio de Xestores Administrativos asistiu á presentación da Guía de Peritos Xudiciais

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou onte a Guía de Peritos Xudiciais, elaborada pola Unión Profesional de Galicia en colaboración coa Xunta e da que dixo que será “un instrumento que será de gran utilidade para o óptimo funcionamento da xustiza galega”.

A guía, pioneira en Galicia, ofrece unha relación de peritos xudiciais de diversas profesións e especialidades, que contan coa garantía e habilitación dos seus respectivos colexios. Ademais, contén unha relación de directorios de colexios profesionais e dos órganos xudiciais cos datos necesarios para poder contactar co organismo necesario para o desempeño do seu labor profesional.

Rueda, que estivo acompañado polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, e polo presidente da Unión Profesional de Galicia, José María Arrojo, felicitou ao colectivo pola edición da guía, da que dixo que será un instrumento de utilidade para os órganos xudiciais, na medida en que lles vai facilitar o traballo de designación dos expertos periciais.

O titular de Presidencia recordou que a edición foi realizada por iniciativa dos colexios profesionais galegos, co apoio da Xunta, e fixo fincapé na súa relevancia de cara a dotar ao noso sistema xudicial dun instrumento tan necesario como amplamente reclamado polo mundo da xustiza, que ata agora se vía obrigado a traballar con listados dispersos.

A complexidade das materias que chegan aos xulgados fan necesarios coñecementos científicos, técnicos e prácticos para que o xulgador poida valorar as diversas circunstancias relevantes no asunto a axuizar. Como os xuíces non poden ter todo tipo de coñecementos especializados, recórrese ao asesoramento dos peritos, profesionais obxectivos e expertos coñecedores das materias obxecto do ditame solicitado.

No acto estiveron presentes Andrés García Yáñez, presidente do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia e Luis Rivera Caramés, delegado na Coruña da corporación